www.xermade.com

 



..

Inicio Como chegar Turismo Fotos Noticias

 

       
 

Menú

Inicio

Como chegar

Turismo

Empresas

Restaurantes

Asociacións

Noticias

Fotos

Entrevistas

Antigos alumnos

Festas

Foro

Contacto

 

webs amigas

Xercas

Fermín Pena

Site oficial do concello

Casa da Fraga

Encontro de torneiros

O tempo en Xermade

Deputación de Lugo

   

Entrevistas


Don Eugenio García Amor


¿A súa vocación ven dende mozo,
D. Eugenio?
En realidade sí. Ós doce anos xa tiña moi claro o que quería facer da miña vida, e iso era segui-lo camiño do sacerdocio. Animoume moito tanto a miña familia, da que sempre tiven un gran apoio, coma o párroco do meu pobo. Por iso entrei no seminario e fixen os estudios de Humanidades en Mondoñedo. Despois funme a Roma, donde fixen a licenciatura de Teoloxía e Ciencias Bíblicas. Ordeneime en Roma no 53 e continuei alí dous anos máis. Estiven no seminario como profesor durante bastantes anos. Tamén fun secretario e becario xeral do obispado durante alúns máis. Despois cheguei a ser membro dun grupo de sacerdotes que atendíamos a parroquia das Pontes, e despois doutro de Vilalba.

Dixo que a súa familia o animou moito a colle-los hábitos, ¿ten algún familiar máis con vocación relixiosa?
Pois sí, teño un sobriño que estivo no seminario e na actualidade está de misioneiro en Mozambique. Tamén teño unha sobriña monxa de clausura.

¿Podería decirnos qué foi ó que máis lle custou renunciar a vostede ó toma-los hábitos?
En realidade, como tomei a decisión de moi novo, ós doce anos, a miña vocación foi sempre moi sentida, non notei que me costara renunciar a nada.

Se retrocedemos no tempo ata a súa ordenación como sacerdote ¿qué nos podería dicir?
A miña ordenación foi moi importante porque éramos un grupo notable de sacerdotes. Entre eles está o xa falecido e famoso escritor e novelista Martín Descalzo. O ano pasado (2003) recibimos unha invitación en Roma para lembrar aqueles tempos.

Dígame, D. Eugenio, ¿qué parroquias atende na actualidade?
Actualmente son párroco en Vilalba, Xermade, Romaríz e Ladra. Son catro parroquias moi distintasa. Nas catro atópome moi cómodo, aínda que teño que agradecer a particular disposición da xente de Xermade.

¿Onde se imaxina dentro duns anos?
Estamos cambiando de obispo, dado que o actual xa pideu a xubilación, có cal podemos ter diante un período de cambios. De tódolos xeitos, imaxínome nunha situación semellante á de agora, continuando coa miña labor en Xermade.

 

*Entrevista realizada o 5 de febreiro de 2004.

 

Envíenos as súas fotos


(1) Pulse en Examinar e seleccione a foto do seu disco duro.
(2) Pulse en Enviar

Correo


¿É vostede veciño de Xermade e gustaríalle ter unha conta de correo electrónico co formato oseunome@xermade.com?
------> Infórmese aquí


 

 

Publicidade

 

 

 

 

 

©Copyright www.xermade.com. Tódolos dereitos reservados.