www.xermade.com

 



..

Inicio Como chegar Turismo Fotos Noticias

 

       
 

Menú

Inicio

Como chegar

Turismo

Empresas

Restaurantes

Asociacións

Noticias

Fotos

Entrevistas

Antigos alumnos

Festas

Foro

Contacto

 

webs amigas

Xercas

Fermín Pena

Site oficial do concello

Casa da Fraga

Encontro de torneiros

O tempo en Xermade

Deputación de Lugo

   

Entrevistas

 


Dña. Manuela Carballo



¿Dña. Manuela, que nos podería dicir da súa infancia, alá pola primeira década do século XX?
Nacín en Xermade no ano 1902, e fun criada por unha familia nas Pontes. Estiven alí ata os 14 anos. Despois vinme para O Pedreiro en Xermade, e pasei aquí 3 anos, ata que me fun a vivir ó Sixto. Tempo despois empecei a traballar como criada na casa dunha familia de Miraz, donde me quedaba tamén a durmir. traballaba alí todo o día.

¿Chegou a casar ?
Pois mira, tiven cinco fillos, algún deles é agora bisavó, sen embargo nunca cheguei a casar. Non quería aguantar ós homes.

¿Como lembra o núcleo de Xremade cando vostede era unha nena?
Antes só estaba a casa vella de Pita, en donde houbo un bar e estaba o zapateiro, que era o pai de Manolo de pita, por iso antes á familia Pita chamábaselles "do zapateiro". A uns pasos estaba a casa do mestre e tamén outra donde naceron os do Seixido. Practicamente todo o resto do núcleo eran campos e fragas.

¿Que me pode dicir dos primeiros aparatos de radio e televisión?
Lembro que Gregorio do Portosilva tiña un dos primeiros aparatos de radio de Xermade. Íbamos á súa casa a escoitala. O primeiro televisor desta zoa chegou á casa de Fontao.

¿De que vivía a xenta na súa infancia?
Casi todo o mundo traballa no campo. O meu primeiro xornal foi de dous reais (50 céntimos de peseta) que me deron na casa de José do Camiño por sacharlles a horta das patacas. Tamén pasei moito tempo traballando de comadrona axudando ás mulleres a dar a luz nas súas casas.

¿Que facía antes a xente para divertirse?
Había moita xente que iba ás festas. A mín sempre me gusto moitísimo bailar. Dende que rompín a cadeira xa non o poido facer, pero gustábanme moito os bailes. Lembro que íbamos a Cazás á Pastora, ós Remedios, á Santa Mariña, incluos ás Pontes. Íbamos en zocas de madeira e vestíamos con roupa te tecíamos nós mesmos na casa con lá de ovella e liño.

Falenos dos medios de transporte de entón.
Lembro os primeiros coches que iban tirados por cabalos ou mulas. Tamén os había que funcionaban con carbón ou quemando leña. Soíanse utilizar para ir ás feiras. O meu padriño tiña un coche de cabalos que levaba cabalos e que chegaba incluso ata Betanzos. Na casa de Pita tiñan un que iba moito a Vilalba e ás Pontes. A verdade é que non había moitos máis. O de Víctor de Pita quitáronllo na guerra.

¿Como foron os tempos da guerra?
Foi unha época moi mala, de moitísima necesidade. Non tíñamos nada. A fiscalía viña ás casas e quitábanos case todo, por iso moita xente facía cabanas no monte para esconde-lo grao e a carne. Había huchas con comida tapados con ramas polas fragas. Non estamos libres de ver de novo algo así. Algo vai haber. Na guerra morreron varias persoas de Xeramde: dous de Castiñeiras, un da Ribeira, un do Fraixo...

*Entrevista realizada el día 28 de diciembre de 2004.

 

Envíenos as súas fotos


(1) Pulse en Examinar e seleccione a foto do seu disco duro.
(2) Pulse en Enviar

Correo


¿É vostede veciño de Xermade e gustaríalle ter unha conta de correo electrónico co formato oseunome@xermade.com?
------> Infórmese aquí


 

 

Publicidade

 

 

 

 

 

©Copyright www.xermade.com. Tódolos dereitos reservados.