www.xermade.com

 



..

Inicio Como chegar Turismo Fotos Noticias

 

       
 

Menú

Inicio

Como chegar

Turismo

Empresas

Restaurantes

Asociacións

Noticias

Fotos

Entrevistas

Antigos alumnos

Festas

Foro

Contacto

 

webs amigas

Xercas

Fermín Pena

Site oficial do concello

Casa da Fraga

Encontro de torneiros

O tempo en Xermade

Deputación de Lugo

   

Entrevistas

 


D. Ramón Villares


¿Cómo se define a sí mesmo, Don Ramón?
Defínome como "de Cazás". Son un home nacido en Cazás e que agora estou en Santiago porque me gusta a investigación, a profesión que teño, adicarme ó estudio da Historia. Tamén me defino como galego, pero non de forma excluínte, é dicir, non só galego. Son da opinión de uqe temos moitas identidades, non só unha. Unha persoa comprometida coa terra na que está.

Chegou a Santiago polos seus estudios, pero comezou moito antes, ¿donde foi?
Na escola de cazás fixen a Educación Primaria, na escola que se chama "do Calvario", que é unha escola que fixeron os veciños. Noutros sitios fixéronas os emigrantes. Alí foron os veciños e veciñas alá polo ano 1930.
Estiven 6 anos con unha mestra que me gusta sempre lembrarr, que foi para min moi importante: Dona Carmen Gaioso, de Vilalba, e que sempre me insistía no feito de que debía estudiar, de que debía procurar cousas novas. Iso era unha posición ante a vida moi elemental, peor que quedóuseme sempre moi grabada, de feito teño sempre unha lembranza para ela.Esto era una posición ante la vida muy elemental, pero que se me quedó siempre muy grabada, de hecho tengo siempre unha lembranza para ela.
Despois fun ó seminario, en Mondoñedo, donde estiven outros 6 anos, dos que teño grandes lembranzas.

¿Don Ramón Villares, foi un neno moi castigado na escola?
Tiven poucos castigos. Lembro algunha vez de quedarme a facer algún dictado ou algo así, pero a verdade é que a miña empatía coa mestra era bastante boa, de modo que nunca tiven problemas con ela nin ela conmigo. Non lembro ningún tipo de castigo especial.

¿Cal foi a persoa que máis o animou para chegar a donde chegou?
Non hai unha persoa soa, porque eu non tiven ó longo da miña vida un protector, senón que tiven a sorte de ter sempre unha forza de vontade abonda como para non ter que esperar a que outros me dixesen o que tiña que facer; o que ocorre é que eu nunca fun capaz de planificar todo o que ía facer na vida. Motivoume algún profesor do seminario... tamén un ano que estiven nos Xesuítas en Comillas... Os meus profesores que tiven na facultade de Historia, e amigos, compañeiros da mesma promoción ou de promocións cercanas que me animaron moito.

¿Mantén contacto con algúns compañeiros da súa escola primaria?
Da escola primaria, algúns deles seguen en Cazás, vivindo alí. Outros viven en Ferrol, na Coruña... Coñézoos a todos e véxoos cando vou a Cazás.
Cos amigos que tiven no seminario temos algunhas reunións periódicas, unha vez ó ano, nas que nos atopamos todos. A maior parte están desperdigados por Galicia ou por fora de Galicia, e algúns están incluso fóra de España. Hainos por Palma de Mallorca, Inglaterra, Madrid...
Dos compañeiros da facultade, algúns están hoxe na mesma universidade (U.S.C.) ou adícanse ó ensino medio. Non é unha relación constante, diaria, pero sabemos onde estamos cada un.

¿Cales son os cambios que máis lle chamaro na atención con respecto á súa infancia?
Estaba moi atento ó que me contaban os meus avós porque vivía aparte de cos meus pais con eles. Os meus avós sempre dicían que "isto cambiou moito, isto non hai quen o recoñeza, vaise a acaba-lo mundo"... Botaban bastantes pestes do aparato de radio que había na casa, dende logo non concebían a televisión.
A miña fortuna foi que pasei pola situación na que había luz eléctrica (lembro perfectamente que chegou no ano 1957 alí). Antes había unha luz que lle chamaban luz "do peón", que había en Candamil e Burgás, donde teño familiares. Lembro perfectamente como se instalaban os postes e todas esas cousas.
De ser unha sociedade moi pegada á terra, moi en contacto coa natureza, moi tradicional na visión da familia, pasamos a ver as noticias na pantalla de internet. Tódolos cambios foron terribles, cambios non só materiais, senón tamén culturais, da concepción social, das relacións home-muller, da relacion pais-fillos.

Se nos centramos máis en Xermade ¿qué cree que cambiou máis neste municipio?
En Xermade algunhas cousas cambiaron por agregación e outras por sustracción.
Por agregación, fíxose da capital do concello un pequeno núcleo cando hai 40 anos había 3 ou 4 casas: a casa de Pita, a casa do Concello, a casa de Guizán, a casa do Secretario e a do médico Don Jaime. Iso foi avanzando ata que o concello comezou a ser unha entidade administrativa con unha pequena capitalidade. Iso é un cambio bastante notable.
O que sucede é que tamén o concello perdeu unha grande cantidade de poboación. Sustraeuse por tanto moita enerxía, moita forza , e hoxe é un Concello moi débil dende o punto de vista demográfico e económico.
Outro aspecto foi o efecto fronteira de As Pontes. Un efecto de atracción, fundamentalmente das parroquias de Piñeiro, Roupar e Miraz.

 

*Entrevista publicada en la revista "Os Biosbardos" edición 2001.

 

Envíenos as súas fotos


(1) Pulse en Examinar e seleccione a foto do seu disco duro.
(2) Pulse en Enviar

Correo


¿É vostede veciño de Xermade e gustaríalle ter unha conta de correo electrónico co formato oseunome@xermade.com?
------> Infórmese aquí


 

 

Publicidade

 

 

 

 

 

©Copyright www.xermade.com. Tódolos dereitos reservados.